ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Certificación AENOR

aenor bn02iqnet02A Asociación Española de Normalización e Certificación AENOR certifica que a Fundación Camiña Social dispón dun Sistema de Xestión da Calidade conforme coa Norma UNE-NISO 9001:2008 para a prestación do servizo de execución de medidas xudiciais de internamento en réxime pechado, semiaberto, aberto, permanencias de fin de semana e medidas cautelares para adolescentes e mozos e para a prestación do servizo de execución de medidas xudiciais en réxime aberto para adolescentes e mozos: tratamento ambulatorio, asistencia a centro de día, permanencia de fin de semana, liberdade vixiada, a convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, as prestacións en beneficio da comunidade e a realización de tarefas socioeducativas.

Recibir este certificado supón a acreditación da calidade dos servizos e a xestión da organización en materia de intervención socioeducativa con menores e mozos infractores que cumpren medidas xudiciais no medio aberto e en centros de internamento en réxime pechado, semiaberto e aberto e tamén supón un respaldo ao compromiso que ten a nosa Entidade coas persoas con dificultades sociais animándonos a seguir traballando en mellorar as nosas actuacións.

A obtención desta certificación non só supón un recoñecemento ao traballo realizado, senón que mediante a mesma, establécese unha ferramenta de autodiagnóstico e mellora continua, xa que implica que sigamos avaliando o noso sistema de xestión.

A política de calidade de Camiña Social será a referencia para orientar os obxectivos da entidade, que se basean en conseguir a calidade na intervención, así como a prestación dun servizo eficaz, asumindo o compromiso de cumprir cos requisitos legais e regulamentarios, asegurando a estabilidade financeira e patrimonial e incorporando aquelas innovacións tecnolóxicas que contribúan á prestación dun mellor servizo e ao desenvolvemento sostible, sendo así, unha Entidade cun compromiso firme coa implantación e desenvolvemento dunha cultura da calidade.
 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 5 convidados en liña