ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

O Centro Educativo Monteledo de Ourense, pertencente á Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación Camiña Social, en colaboración coa DXT de Ourense, están a levar a cabo unha serie de actuacións encamiñadas á concienciación da importancia e á formación en materia de seguridade viaria.

As actuacións parten dun taller de educación vial levado a cabo por persoal educativo do Centro, recordemos que este centro alberga menores e xoves que están a cumprir medida xudicial dentro da lei 5/2000, polo que moitos deles non poden saír do recinto, polo que se estima necesario traer ó Centro estas iniciativas. O persoal educativo contou en todo momento con gran cantidade de material e orientacións pedagóxicas para facerlle ver os menores que a educación vial non é so un coñecemento de normas e sinais de tráfico, senón que é un conxunto de Valores importantes para poder chegar a unha actitude cívica.


Seguen as actividades con dúas xornadas onde personalidades importantes no eido da DXT de Ourense,  farán un acercamento ó centro abarcando problemáticas que poidan afectar a este sector de poboación; Na primeira xornada, que foi  o 21 de abril, acompañou ós menores, David Llorente Rey, Xefe provincial de Tráfico de Ourense, onde abordou temáticas importantes como qué é a DXT, a nova Reforma do Código Penal en materia de seguridade vial, reducción do número de víctimas por accidentes de tráfico e drogas, mecanismos de seguridade como o uso do cinto e o casco, os novos permisos de ciclomotor e motocicleta, a siniestralidade nas carreteiras etc.


Na segunda xornada, o 28 de abril, acudiron ó Centro, Dosinda Aguiar Rodríguez, Coordinadora Provincial de educación vial, e gran impulsora da posta en marcha deste taller no Centro Monteledo, acompañada por un representante educativo do PAT de Ourense (Asociación de Prevención de accidentes de Tráfico) onde se tratou de ver, dende a mais cruda realidade, as causas e consecuencias dos accidentes de tráfico e as súas formas de evitalos a través da prevención.

Esta iniciativa culminará cunha visita,  ó Parque Infantil de Tráfico en Ourense, onde se pretende fomentar a seguridade e a prevención de accidentes.

 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 3 convidados en liña