|
Catro menores do Centro de Reeducación Específico Concepción Arenal de A Coruña acompañados por un educador e o director do centro fan o último tramo do Camiño de Santiago. Empezaron o seu traxecto en Sarria o 21 de Xuño unha vez recollidas as credenciais do peregrino e despois de recorrer 22 Km chegaron a Portomarín ás 19:30, quedándose a durmir no albergue de peregrinos. O martes 22 ás 8 h póñense en camiño dende Portomarín para chegar ó mediodía a Palas de Rei (25 km) e facer pola tarde os 13 km ata Melide, chegando ás 20 horas. O mércores 23 ás 9 horas saen de Melide para chegar ó mediodía a Arzúa (14 km) chegando a Arca-O Pino (19 km) pola tarde a eso das 21:30. Esa noite disfrutaron dunha sardiñada-churrascada organizada polo Concello de Arca para celebra-la noite de San Xoán. O xoves ás 9 horas emprenden de novo o camiño para chegar ó mediodía a Lavacolla (12 km) e ó Monte do Gozo (4 km) pola tarde ás 18:30. Ese día dormen no albergue do Monte do Gozo preparándose para a recta final.
Chégase a Santiago ás 11:30 donde ademais de visitar a catedral, recollen a Compostela como recoñecemento por ter feito 107 Km a pé do Camiño de Santiago. |