ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Coruña, 21 de Xuño do 2010.

Catro menores do Centro de Reeducación Específico Concepción Arenal de A Coruña acompañados por un educador e o director do centro fan o último tramo do Camiño de Santiago.


Empezaron o seu  traxecto en Sarria o 21 de Xuño unha vez recollidas as credenciais do peregrino e despois de recorrer 22 Km chegaron a Portomarín ás 19:30, quedándose a durmir no albergue de peregrinos.

O martes 22 ás 8 h póñense en camiño dende Portomarín para chegar ó mediodía a Palas de Rei (25 km) e facer pola tarde os 13 km ata Melide, chegando ás 20 horas.

O mércores 23 ás 9 horas saen de Melide para chegar ó mediodía a Arzúa (14 km) chegando a Arca-O Pino (19 km) pola tarde a eso das 21:30. Esa noite disfrutaron dunha sardiñada-churrascada organizada polo Concello de Arca para celebra-la noite de San Xoán.

O xoves ás 9 horas emprenden de novo o camiño para chegar ó mediodía a Lavacolla (12 km) e ó Monte do Gozo (4 km) pola tarde ás 18:30. Ese día dormen no albergue do Monte do Gozo preparándose para a recta final.

O venres ás 10:30 horas saen do Monte do Gozo acompañados de tres mozos mais do centro que viñeron a facer a última etapa do Camiño de Santiago. Tamén lles acompañan nese traxecto Ánxeles González Castiñeiras (Xefa do Servizo de Menores en situación de Conflito Social), Mª del Pilar Pousa Cobas (Subdirectora Xeral de Menores), Iñaki Mariño e Antonio Campanón (coordinadores xerais da entidade).

Chégase a Santiago ás 11:30 donde ademais de visitar a catedral, recollen a Compostela como recoñecemento por ter feito 107 Km a pé do Camiño de Santiago.



 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 6 convidados en liña