ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

altA Coruña, 28 de Xaneiro do 2011.

Acto de entrega de Diplomas da Consellería de Traballo e Benestar aos participantes nas accións formativas levadas a cabo pola Fundación Camiña Social.

A Fundación Camiña Social realizou un acto de entrega de diplomas para os menores que participaron nas accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2010, cursos AFD, a través de convenio de colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar.

A cita foi o venres 28 de Xaneiro de 2011 ás 13.00 horas no Centro de Reeducación Específico Concepción Arenal da A Coruña. Alí, os menores participantes no curso "Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería", recibiron o seu diploma oficial de Dna.  Susana López Abella, Secretaria Xeral de Familia e Benestar.

Ao finalizar o acto convidouse a todos os asistentes a un ágape, consistente en produtos elaborados polos propios menores na panadaría do Centro.Gustaríanos para finalizar resaltar o feito de que este programa  formativo realizado nos centros de reeducación de menores para o cumprimento de medidas xudiciais en virtude da Lei Orgánica 5/2000 reguladora da responsabilidade penal dos menores, xestionados pola Fundación Camiña Social a través de convenio de colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, satisfixo todas as necesidades dos participantes e obtivéronse uns resultados excelentes.

Os  menores que participaron nas accións formativas foron un total de 24 dos Centros:  Educativo Monteledo e de Atención Específica Montefiz de Ourense, e Centro de Reeducación Específico Concepción Arenal da A Coruña.  Destes 24 participantes, 19 obtiveron diploma oficial ao superar todos os requisitos esixidos do curso.


 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 3 convidados en liña