ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Martes, 30 Outubro 2007 14:11

Xornadas  "A Xustiza Xuvenil na actualidade, Formación e Inserción Sociolaboral de menores en conflito como finalidade"

Os días 29 e 30 de Outubro do 2007, tivo lugar a celebración das Xornadas: "A XUSTIZA XUVENIL NA ACTUALIDADE. FORMACIÓN E INSERCIÓN SOCIOLABORAL DE MENORES EN CONFLITO COMO FINALIDADE" organizadas por esta Entidade,  que resultaron moi exitosas en diferentes aspectos, que  de seguido sinalaremos.

Por unha banda hai que agradecer a financiación a cargo do Fondo Social Europeo e da Xunta de Galicia, así como a colaboración desta última xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e, en concreto, a Facultade de Psicoloxía onde dispuxemos do Salón de Actos con toda a súa infraestructura (persoal, medios audiovisuais,...).

Por outra banda, hai que destacar o cartel de relatores cos que contamos, quenes nos seus respectivos campos profesionais fixeron gala dos seus coñecementos, transmitíndolle a un foro moi importante, e numeroso en todo momento, as súas visións e distintas experiencias. Así o primeiro día falouse, en resumo, de como lle afecta a lei penal aos menores/mozos/as, tras a súa reforma no ano 2006, e da aplicación desta lei polos distintos axentes. E, ademáis, dende a óptica da intervención socioeducativa, afondouse nesta no ámbito xudicial, contando coa presenza dun Maxistrado-xuíz e de tres directores de Centros de Menores onde se cumpren distintas medidas xudiciais (terapéutico, medio aberto e semiaberto).

E tamén, o primeiro día das xornadas, expuxéronse os enfoques de distintas disciplinas que interactúan no traballo cos menores/mozos/as, tanto dende un punto de vista teórico-académico como aplicado, día a día, na dinámica dos nosos Centros de Menores. Nesta liña, anteriormente, o psicólogo do Equipo Técnico desta Entidade presentou unha investigación relacionada coa intervención e avaliación neste campo.

Por último, o director da investigación que acabamos de comentar, Catedrático de Psicoloxía Social, documentounos, nun brillante relatorio-marco, sobre a maioría de idade penal e a maioría de idade psicolóxica.

 

 

O segundo día estivo encamiñado principalmente tanto á experiencia de inserción con menores/mozos/as dende os Centros de Menores, como a dos adultos nos Centros Penitenciarios. Para isto contamos con profesionais e expertos de ambos campos.

E antes de concluír estas enriquecedoras xornadas, poidemos disfrutar dunha interesante e clara exposición sobre a relación existente entre a droga e a delincuencia, por parte tamén de experimentados profesionais nesta materia.

- PARA VISUALIZAR O TRANSCURSO DAS XORNADAS DISPOÑEMOS DUN DOCUMENTO VISUAL. E, ADEMÁIS SI TE REXISTRAS NA NOSA WEB, PODERÁS BAIXAR OS RELATORIOS. Para elo diríxete ó apartado CAMIÑA MULTIMEDIA: XORNADAS E RELATORIOS.


 

 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 3 convidados en liña