ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Coruña, 22 de Marzo do 2011

Convenio da Fundación Camiña Social coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas do alumnado de dereito no Centro de Reeducación Concepción Arenal.


O presente convenio ten por obxectivo posibilitar aos estudantes da titulación de Grao en Dereito matriculados na materia optativa de Prácticas externas, impartida na  Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, a formación práctica dentro do Centro de Reeducación Concepción Arenal de A Coruña xestionado pola Fundación Camiña Social.


Estas prácticas terán a validez académica que se lles outorga os correspondentes planos de estudo, e neste caso equivalen a unha materia optativa de 6 créditos ECTS (4º curso, 2º semestre, 150 horas).


En base a este convenio o día 22 de Marzo tivo lugar a primeira das tres visitas previstas  dos alumnos  do segundo curso de Dereito da Universidade da Coruña, acompañados polo profesor da materia de Dereito Sancionador Don José Antonio Ramos. A visita  dunha hora de duración contou con 19 alumnos.


As dúas seguintes visitas foron o 29 de Marzo e o 5  de Abril.

alt

 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 1 convidado en liña