|
A Coruña, 15 de Setembro do 2011.
O proxecto comeza o 15 de Setembro e a súa temporalización será de 2 anos, ata Setembro do 2013. Basease na realización dun Estudio social experimental e innovador a pequena escala, sobre a aplicación de actividades artísticas para favorecer a integración dos distintos colectivos de menores en risco e en conflito social da cidade de A Coruña, mediante un análise comparativo de resultados entre dous grupos, un de tratamento e outro de control, para valorar a eficacia das actividades creativas como ferramenta de integración de menores. É un proxecto innovador, sobre todo, porque entre os seus obxectivos está a prevención e redución dos comportamentos antisociais, ofrecendo novas estratexias e recursos á comunidade, para evitar que esas condutas se produzan. Está dirixido a menores de 12 a 17 anos, pertencentes a colectivos en risco e en conflito social e onde terá especial relevancia a perspectiva de xénero. Centrase na realización de Talleres, onde haberá actividades comúns de habilidades sociais e ademais actividades creativas de pintura e construción, susceptibles de aumentar os factores de protección fronte ós de risco, e tendo en consideración as necesidades específicas dos participantes. Destacar que as actividades artísticas van a ser levadas a cabo por César Fernández un profesional recoñecido, non so polas súas grandes calidades artísticas, senón tamén pola súa experiencia e probada capacidade para potenciar a creatividade nos mozos, así como tamén a experiencia no ámbito de menores do resto do persoal do proxecto. Hai que sinalar tamén que se implicará ás familias dos menores na marcha do Proxecto, especialmente no desenrolo dos Talleres e na Exposición dos traballos dos participantes nas actividades creativas, que se organizará ó final de ditos talleres.
With support from the EU |