ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Centros de Internamento
 
Tanto o Centro de Reeducación Monteledo (Ourense) como o Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña) pertencen á Xunta de Galicia e son xestionados pola Fundación Camiña Social a través de dous contratos de xestión de servizos públicos.


 Ambos centros constitúen un equipamento residencial e específico, en orde a atender a menores/mozos en situación de conflitividade social suxeitos a medidas xudiciais de internamento, para dar resposta ás esixencias que implica a Lei Orgánica 5/2000 Reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores e a súa posterior reforma 8/2006, así como ao seu Regulamento Real Decreto 1774/2004 de 30 de xullo. 

 Estes centros ofrecen un contexto educativo favorecedor da inserción social e familiar do menor/mozo/a, tendo entre os seus fins o contribuír a que este constrúa o seu proceso vital a través dunha formación baseada no coñecemento e posta en práctica de deberes e dereitos que lles posibiliten o ser cidadáns competentes socialmente.


 

 

 
 
 
 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 8 convidados en liña