| Centros de Internamento |
Tanto o Centro Educativo Monteledo (Ourense) como o Centro de Reeducación Específico Concepción Arenal (A Coruña) pertencen á Xunta de Galicia e son xestionados pola Fundación Camiña Social a través de dous convenios de colaboración.
Ambos centros constitúen un equipamento residencial e específico, en orde a atender a menores/mozos en situación de conflitividade social suxeitos a medidas xudiciais de internamento, para dar resposta ás esixencias que implica a Lei Orgánica 5/2000 Reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores e a súa posterior reforma 8/2006, así como ao seu Regulamento Real Decreto 1774/2004 de 30 de xullo. Estes centros ofrecen un contexto educativo favorecedor da inserción social e familiar do menor/mozo/a, tendo entre os seus fins o contribuír a que este constrúa o seu proceso vital a través dunha formación baseada no coñecemento e posta en práctica de deberes e dereitos que lles posibiliten o ser cidadáns competentes socialmente.
|