| Qué somos? |
Camiña Social é unha Fundación sen ánimo de lucro e de interese xeral galego, que intervén no ámbito dos Servizos Sociais en Galicia, e que se rexirá pola Lei do Parlamento de Galicia 12/2006, do 1 de decembro, de Fundacións de Interese Galego.Somos independentes. Promovemos proxectos, programas preventivos e de intervención, centros, investigacións e estudos, cunha clara finalidade social. A Fundación está inscrita en: O Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) mediante resolución do 13 de novembro do 2008, correspondéndolle o número 2008/18. O Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, correspondéndolle o número E-5223. |