No ano 2009 estableceuse un marco de actuación para a colaboración entre a Fundación Camiña Social, GERIATROS e a USC co fin de desenvolver un “Proxecto de investigación interxeracional entre maiores institucionalizados en residencias e menores institucionalizados en centros de reeducación pertencentes a Comunidade Autónoma Galega”. Este proxecto xurdiu da necesidade de cubrir a ausencia de estudos cualitativos e cuantitativos sobre os efectos das relacións interxeracionais no funcionamento afectivo, cognitivo e social de persoas institucionalizadas. O que se pretende é establecer unha relación interxeracional entre os dous colectivos a través de actividades programadas, donde o menor é o que dirixe e leva a cabo as actividades, é o que guía o seu grupo de maiores. Esta relación non só fomenta un intercambio de aprendizaxe entre as dúas xeracións senón que leva engadido uns beneficios individuais e sociais tanto para os maiores coma para os adolescentes. A actitude dos rapaces foi moi favorable, amosándose interactivos en tódalas sesións, e todas estas actividades supoñen un estímulo positivo para ó menor, non só a nivel persoal que favorece e mellora a súa autoestima e autoconcepto, senón tamén a nivel social xa que aprende a relacionarse con este colectivo de maiores. Neste ano estase a validar e cuantificar os resultados obtidos dos estudos realizados, pola Universidade de Santiago de Compostela, de cara a creación dun informe dos aspectos máis salientables da investigación. Para poder ver o estudio piloto do 2007 así coma a experiencia do 2008, podes dirixirte ao apartado Camiña multimedia. |