ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Padriñazgo

A firma dun Convenio marco ca USC (Universidade de Santiago de Compostela), que ten como obxecto o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC e a FUNDACIÓN CAMIÑA SOCIAL en actividades de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico, permitiunos deseñar e implementar un programa de padriñazgo xunto ao grupo UDRIPE (Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta), pertencente a esta Universidade.

Este programa de padriñazgo é un proxecto piloto de apoio social a menores infractores, que se asenta sobre o desenvolvemento e establecemento dunha relación positiva e de confianza entre o voluntario/a e un menor de entre 14 e 18 anos carente de modelos positivos significativos.

Temos que destacar con respecto o Programa Padriñazgo a obtención no ano 2009 do terceiro premio do  I Concurso de “Accións Sostibles de Emprendemento Social” (ASES)  da Cátedra Dr. Jaime Vera  de Emprendemento Social  da USC.

Este concurso ten por obxecto premiar as persoas que desde os campus de Lugo e Santiago da USC, individualmente ou en grupo, presenten accións sostibles no tempo, que promovan emprendemento con proxección no ámbito social e que supoñan transferencia ou xeración de coñecemento.

Nesta primeira convocatoria, o terceiro premio recaeu   no Programa Padriñazgo centrado en canalizar parte do movemento de voluntariado da USC para transformalo nun factor de protección para adolescentes en risco de inadaptación social, promovido pola estudiante de terceiro ciclo de Psicoloxía Olaia Bajo e apoiado, promocionado e financiado pola Fundación Camiña Social.

 
 

 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 1 convidado en liña