| Centros Medio aberto |
O Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (C.I.E.M.A) da provincia de A Coruña é un recurso para a execución de medidas en medio aberto que está xestionado pola Fundación Camiña Social a través dun contrato de xestión de servizos públicos coa Consellería de Traballo e Benestar.Atende a menores/mozos/as suxeitos a medidas xudiciais no medio aberto en virtude da aplicación da Lei Orgánica 5/2000 reguladora da responsabilidade Penal dos Menores e a súa posterior reforma 8/2006, así como ao seu Regulamento Real Decreto 1774/2004 de 30 de xullo. Dispón dun Centro de día situado na cidade de A Coruña, ademais da infraestrutura operativa suficiente para abarcar convenientemente tódalas medidas de medio aberto da provincia de A Coruña. As medidas de intervención no medio aberto abarcan a execución das seguintes medidas: tratamento ambulatorio, asistencia a un centro de día, permanencia de fin de semana en domicilio, liberdade vixiada, convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, prestacións en beneficio da comunidade, realización de tarefas socio-educativas, e sobresemento e arquivo das actuacións unha vez producida a conciliación ou cumpridos os compromisos de reparación entre o menor e a vítima (se é o caso); as cales están enmarcadas en devandita Lei como aquelas medidas que se desenvolven na contorna social do menor/mozo/a e coa utilización das redes comunitarias, favorecendo os vínculos sociais e familiares, así como a súa participación nas entidades sociais. |