| Inserción Sociolaboral |
TRABALLO REMUNERADO E FORMACIÓN DE MENORES INFRACTORES![]() ![]() E.I.L. Insergal S.L.U dende o día 21 de Xullo do 2009 leva a cabo o Programa de Traballo Remunerado e Formación Ocupacional dos menores infractores internados en centros, froito da firma dun contrato de xestión de servizo público coa Consellería de Traballo e Benestar. Partimos de que este programa céntrase nun dereito que aparece no artigo 56 da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores que expón o dereito que teñen estes menores internados a unha “formación laboral axeitada, a un traballo remunerado, dentro das dispoñibilidades da entidade pública, e ás prestacións sociais que puideran corresponderlles, cando acaden a idade legalmente establecida”. Está dirixido a menores/mozos maiores de 16 anos suxeitos a medidas xudiciais de internamento na rede de centros de reeducación de Galicia: Centro Educativo Avelino Montero, Centro de Reeducación Específico Concepción Arenal, Centro Educativo Monteledo e o Centro de Atención Específica Montefiz, ditadas polos xulgados de menores en virtude da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de Xaneiro, de responsabilidade penal dos menores. Basa as súas liñas de actuación na inserción social e laboral de cara a mellorar as súas condicións de acceso a un emprego, xestionando, recursos de formación xa sexa dentro ou fora do centro, actuacións na búsqueda de emprego, recursos laborais a través dos talleres productivos e do traballo remunerado dentro dos centros e mediante becas formativas en empresas colaboradoras.
|