ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
GLOBAL COMPACT
A Fundación Camiña Social afiliouse á organización española do Global Compact o pasado 1 de xullo de 2008, comprometéndose a cumprir a tese do pacto que auspiciou Naciones Unidas para fomentar a ética nas actividades económicas (como queda recollido na Voz de Galicia na sección “Empresas/mercados: Sólo 9 firmas gallegas son socias del Global Compact” o 3 de agosto do 2008).

O Pacto Mundial é unha iniciativa internacional proposta por Naciones Unidas. O seu obxectivo é conseguir un compromiso voluntario das entidades en responsabilidade social, por medio da implantación de Dez Principios baseados en dereitos humanos, laborais, medioambientais e de loita contra a corrupción.

Os Dez Principios do Pacto Mundial están baseados en Decalaracións e Convencións Universais. Cando se puxo en marcha, a iniciativa só contaba con nove principios: dous sobre dereitos humanos baseados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos; catro laborais, inspirados na Declaración da OIT sobre Principios fundamentais; e tres sobre medio ambiente, tomando como referencia a Declaración de Rio sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento.

A  mediados do 2004 veuse a necesidade de reforzar os nove principios xa existentes cun décimo principio de loita contra a corrupción, baseándose na Convención das Naciones Unidas contra a Corrupción.
 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 2 convidados en liña