ja_mageia

  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Investigación

Dentro nas nosas intencións está a de poder colaborar con outras institucións nun marco de creación de foros de investigación común, de estudo entorno á figura do menor/mozo/a, conxuntando reflexións e a experiencia propia.

Con este propósito asináronse convenios e acordos de colaboración con:

Neste caso, trátase dun acordo marco, que ten como obxecto o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC e a Fundación Camiña Social en actividades de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico; sendo as modalidades de colaboración as seguintes:

  • Execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar entre os Institutos e/ou Centros da USC e Fundación Camiña Social.
  • Asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade de ambas entidades
  • Organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • Formación de persoal investigador e/ou realización de prácticas formativas.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das Partes e das actividades que constitúen o obxecto deste Acordo Marco.


CONVENIO ESPECÍFICO DE COLABORACIÓN ENTRE O GRUPO UDIPRE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E A FUNDACIÓN CAMIÑA SOCIAL PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN  SOBRE AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN DE ADOLESCENTES INFRACTORES GALEGOS


A Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento de Problemas de Conduta (UDIPRE) está formada por un equipo de profesores e investigadores da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela especializados na prevención de condutas problemáticas durante a infancia e a adolescencia.

O seu propósito é poñer a disposición da sociedade o coñecemento científico existente sobre os problemas de comportamento en nenos e adolescentes e a súa prevención. Os comportamentos agresivos,  a violencia no contexto escolar, o consumo de drogas e a delincuencia, son problemas que afectan a nenos e adolescentes, dificultan a convivencia familiar, escolar e social, e xeran unha fonda preocupación na sociedade actual.

O obxectivo do seu traballo é ofrecer á comunidade unha serie de servizos (formación, asesoramento, intervención, avaliación de necesidades, deseño e avaliación de programas) para que pais, profesores e distintos profesionais preocupados pola saúde e o benestar social dos nenos e os adolescentes poidan responder de forma eficaz ás demandas e dificultades que se lles presenten.

Neste sentido, a firma deste convenio facilitounos a realización dun protocolo de recollida sistemática de información, que permita identificar aos menores en maior risco e poida ser utilizado periódicamente para valorar a eficacia das intervencións.

E, así mesmo, permitiunos deseñar e implementar un programa de padriñazgo con menores do C.I.E.M.A  (Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto)
 

Formulario acceso



Visitantes online

Temos 5 convidados en liña