|
En Lugo a 26 de Outubro do 2011
Ponse en marcha o Proxecto AUL@TIC dirixido a menores/mozos/as en conflito social e suxeitos a medidas xudiciais de internamento, en virtude da Lei Orgánica 5/2000 do 12 de Xaneiro, de Responsabilidade Penal dos Menores , e centra as súas liñas de actuación na alfabetización informática dos menores internados no Centro de Reeducación Concepción Arenal de A Coruña e no Centro de Reeducación Monteledo en Ourense, achegándolles o uso das TIC, fundamentalmente orientado a súa inserción social e laboral.
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Coruña, 15 de Setembro do 2011. A Fundación Camiña Social presentouse a una convocatoria europea co Proxecto ARS, o cal foi seleccionado para a súa implantación.
Este proxecto está subvencionado polo Programa da Unión Europea para o Emprego e a Solidarizade Social - PROGRESS (2007-2013) e cofinanciado nun 20% pola Fundación Camiña Social.
O proxecto comeza o 15 de Setembro e a súa temporalización será de 2 anos, ata Setembro do 2013. |
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 6 de Abril do 2011
O día 6 de Abril ás 18:00 no centro Concepción Arenal de A Coruña, Peter Roberts actor escocés brindounos a oportunidade de realizar a representación do espectáculo “Mimarte” co obxectivo de favorecer a reflexión crítica sobre o consumo excesivo do alcohol e do perigo das drogas, a través das representacións de situacións cotiás, utilizando o mimo como medio de expresión. |
|
Ler máis...
|
|
|
A Coruña, 25 de Abril do 2011. O pasado 25 de Abril o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, D. Alfonso Rueda; a Conselleira de Traballo e Benestar, Dona Beatriz Mato; e o fiscal superior de Galicia, D. Carlos Varela, visitaron o centro de reeducación de menores “Concepción Arenal” da Coruña xestionado pola Fundación Camiña Social acompañados polo director do Centro, D. Javier Álvarez, e o coordinador xeral da Fundación, D. José Ignacio Mariño.
Durante a visita adiantaron que a Xunta de Galicia reforzará os equipos técnicos dos xulgados de menores de A Coruña e Pontevedra cun psicólogo a maiores en cada unha das cidades, co fin de potenciar a mediación xuvenil e aumentar, así, o número de solucións extraxudiciais entre os menores infractores. |
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 22 de Marzo do 2011
Convenio da Fundación Camiña Social coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas do alumnado de dereito no Centro de Reeducación Concepción Arenal. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |