programa1 programa2  

PROXECTO ARS

arsA

blog1  

CERTIFICADO DE CALIDADE

aenor bn02iqnet02

Lexislación

 

LEXISLACIÓN ESPECÍFICA

 

  • Centros Execución Medidas xudiciais
  • Puntos de Encontro familiar

 

LEXISLACIÓN XERAL

 

  • Española
  • Internacional

nonvxenero

Novas día a día

A Fundación Camiña Social firmou un convenio de colaboración coa entidade EDC ALQUIMIA INLINE e renovou coa entidade Clube ESGRIMA CORUÑA para favorecer o uso do deporte como instrumento de inclusión e intervención social.
Un menor do centro Concepción Arenal, alumno dun PCPI de Restauración, creou un Blog literario, animado pola súa profesora de Comunicación do Instituto. O fin desta iniciativa foi o dar renda solta á súa imaxinación e demostrar  que é capaz de transmitir as súas inquietudes e sentimentos dunha maneira moi especial. Deixámosvos a ligazón para que o visitedes e deixedes as vosas opinións.http://lassombraspuma.blogspot.com.es/
En Monteledo somos taponeros e Taponeamos para Kevin, un neno de 5 anos, da nosa cidade e cunha enfermidade rara (trisonomía parcial-9), o pasado 15 de marzo fixemos entrega de 25 kg de tapóns aportando a noso granito de area a esta campaña solidaria.Esta actividade está dentro do Programa Iguais: "Tapóns para unha nova vida"
Dentro do programa actividades socio-educativas extraordinarias: Días con nome propio, no centro de Monteledo festexamos o Entroido do 1 o 5 de marzo con:*Talleres de disfraces e maquillaxe*Traballos de investigación e murais sobre o "Entroido na provincia de Ourense"*Concurso de conparsas e chirigotas
Visita da Asociación Aixiña en Monteledo: charla -demostración sobre "la Boccia" deporte exclusivamente paralímpico. Actividade socio-educativa extraordinaria por mor do Día Mundial das persoas con discapacidade.
O centro de Reeducación Monteledo clausura o Curso AFD "Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería"
Charlas no Centro de Reeducación Monteledo pola Federación de Mulleres Anaral, invitadas para conmemorar o 25 de novembro, Dia Internacional contra a Violencia de Xénero.
O Centro de Reeducación Monteledo contra a violencia de xénero. Actividades dentro do Programa “Iguais” en pro de concienciar e sensibilizar ós menores do seu rol nesta problemática.
O director do C.R. Monteledo participa no "Faladoiro: exposición de experiencias" - Mocidade contra a violencia de xénero dentro dos actos no Espazo Xove da Casa da Xuventude por mor do Día contra a Violencia de Xénero.
Día Universal do Neno en Monteledo. Dende o Programa “Días con nome propio” realizáronse actividades de cara a coñecer e sensibilizar ós menores da realidade infantil no mundo, analizando os Dereitos Universais do Neno a través do noticieiro de actualidade.
Participación de 9 menores do Centro de reeducación Monteledo na Carreira Popular do San Martiño en Ourense.
Outro ano mais o C.R. Monteledo leva a cabo todo o mes de Novembro actividades de concienciación e sensibilización da Violencia de Xénero. Este mes recibe o nome de “Mes Violeta” porque todo o traballo no centro ten esta problemática de fondo.
O Centro de Reeducación Concepción Arenal leva a cabo actividades para conmemorar o “Día Internacional pola tolerancia (16 Novembro)”, o “Día Universal do neno (20 Novembro)” e o “Día Internacional contra a violencia de xénero(25 novembro)”.
Menores do C.I.E.M.A. de A Coruña vistan o Museo da Policía Nacional onde se expoñen uniformes dos equipos do persoal especializado, escudos, armas, manuais de academias…
Un novo comezo do programa Hábil para os menores do CIEMA- Coruña. Un programa de habilidades sociais que traballa entre outros moitos temas: o autocontrol emocional, asunción de responsabilidades, resolución de conflitos e presión de grupo, respecto a persoas con discapacidade…
Celebración do Samaín  no Centro R. Monteledo dentro do Programa “Días con nome propio”
Charlas sobre seguridade vial impartidas por AESLEME (Asociación para el Estudio de la Lesión Medular Espinal), dentro da campaña “Te puede Pasar” ó Centro de Reeducación Concepción Arenal de A Coruña.
Menores de Monteledo participan no Proxecto “Tapones para una nueva vida” doando 30 kg de tapones.
Magosto en Monteledo celebrando o San Martiño dentro do Programa “Días con nome propio”
Menores de C. Arenal participan proxecto “The Green Path” (O Camiño Verde) facendo o Camiño de Santiago con mozos entre os 18 e 30 anos en risco de exclusión social provintes de Italia, España e Portugal.