Concepción Arenal
Centro de Reeducación
O Centro de Reeducación Concepción Arenal (A Coruña) pertence á Xunta de Galicia e é xestionado pola Fundación Camiña Sociala a través dun concerto social entre a Consellería de Polícica Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro Concepción Arenal.
O centro constitúe un equipamento residencial e específico, en orde a atender a menores/novos en situación de conflitividade social suxeitos a medidas xudiciais de internamento, para dar resposta ás esixencias que implica a Lei Orgánica 5/2000 Reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores e a súa posterior reforma 8/2006, así como o seu Regulamento Real Decreto 1774/2004 do 30 de xullo.
Este centro ofrece un contexto educativo favorecedor da inserción social e familiar do menor/novo, tendo entre os seus fins o contribuír a que este constrúa o seu proceso vital a través dunha formación baseada no coñecemento e posta en práctica de deberes e dereitos que lles posibiliten o ser cidadáns competentes socialmente.